xdddddddddddddddDDDDDD
xD
4/13/2010
WIKI!!!!!
Xa empezamos a facer a wiki este e o 10º Certamen que e Internacional ! Gañamos o 9º Certamen que era Nacional co 2º premio neste imos a polo primeiro!no anterior participamos : Zineb,Marieta,Andrea Castro,Brais e eu!Neste participan Rebeca,Dailin,Sara,Silvia,David e Andrea Vazquez !
4/16/2009
Cidades
Este libro creouno Fran Alonso e o ilustrou Pablo Otero , estamos traballando na clase con el e estamos facendo murales , etc...
4/15/2009
FRAN ALONSO
O mercores que ven vai vir o autor do libro de poemas ``Cidades´´Francisco Alonso e estamos moi contentos de q en 1 mes veñan dous escritores magnificos como o son Isabel Freire Barraza e Francisco Alonso aqui tedes unha foto del.
4/11/2009
A Pascua
A Pascua de Resurrección é a celebración cristiá que conmemora a resurrección de Xesucristo. A data de celebración varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril, xa que ten lugar o domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte. Existe unha fórmula que permite o cálculo da data de Pascua. Con todo, debido á diferenza de calendarios usados pola Igrexa católica (calendario gregoriano) e as Igrexas Orientais (calendario juliano), a data de Pascua varía para cada Igrexa, e só nalgunhas ocasións logran coincidir, tal e como se aprecia na táboa. Os primeiros cristiáns ?que eran xudeus? celebraban a Pascua de Resurrección á vez cronolóxica que a Pascua xudía. Pero desde o Concilio de Nicea os cristiáns separaron a celebración da Pascua xudía da cristiá, quitándolle os elementos hebreos. Pero deixaron o carácter móbil da festa lembrando que Cristo resucitou na Pascua hebrea. Hoxe día a Igrexa católica mantén o carácter móbil da data de Pascua, pero trata de non facela coincidir co Pésaj xudeu. Esta festa determina o calendario móbil doutras festas: así a Ascensión (o ascenso de Jesús ao ceo) celébrase 40 días despois e Pentecostés 10 días despois da Ascensión. A semana anterior á Pascua de Resurrección é a Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos (que conmemora a entrada triunfal de Jesús en Xerusalén). A Oitava de Pascua (popularmente coñecida como "semana de Pascua") é a semana que sucede a este Domingo de Pascua (ou Domingo de Resurrección). O tempo pascual ou tempo de Pascua designa, na liturxia católica, as semanas que van desde o Domingo de Resurección até o de Pentecostés. ás veces, o nome Pascua estendeuse a outras celebracións cristiás, como Nadal (o nacemento de Jesús) ou Pentecostés (a vinda do Espírito Santo). Por exemplo en Chile, o termo Pascua aplícase coloquialmente ao Nadal, mentres que á Pascua chámaselle "Pascua de Resurrección". A pascua é unha epoca onde comemos roscons , ovos de chocolate ou coellos de chocolate normalmente 



Sopa de Marsopa

Roncudo Lor, o comisario xefe de policía da cidade, conta como solucionou dous sucesos misteriosos grazas á axuda de Bilbo Bons, o máis grande e descoñecido detective da historia. E aínda que parecen fantásticos, el asegura que ocorreron realmente. Estaba a cidade consternada pola desaparición dunha simpática marsopa do zoo, cando un día chegou á comisaría Bilbo e comezou a contarlle: intrigado pola desaparición, seguiu a un home a quen atopou de casualidade no mercado intentando comprar cincocentos trinta quilos de polbo no mercado; así deu cunha fábrica de sopa, onde, con gran perigo -pois ata caeu nunha caldeira xigantesca na que se preparaba sopa con tropezones e o ruxir das tripas co fame, que non podían solucionar as rosquillas da tía que sempre o acompañan, a punto estivo de delatalo-, descubriu unhas placas que probaban o roubo de marsopas en distintos zoos do país para utilizalas como tropezones, asegurando así o bo sabor da sopa sen gastar nada. Outra vez, chamouno Bilbo para que fóra a un escampado detrás do colexio onde había vinte buracos que botaban fume de noite e desaparecían de día. Con grave risco para as súas vidas, descubriron que o doutor Gnga pretendía, valéndose duns homes cegos que cavaban baixo terra con martelos mecánicos e á luz duns fachos, descubrir o camiño subterráneo construído polos cíclopes polo que camiñan as forzas ocultas do planeta. Entón converteríase no amo do mundo. Aínda que os envolveron nunhas redes -de onde os liberou o can amigo de Bilbo-, a donosiña de Gnga intentou acabar con eles -que se salvaron grazas aos pos de estornudar que levaba o enxeñoso detective- e caeron nun lago, lograron saír polos interminables túneles ao exterior. Pero, iso si, o comisario non puido deter ao maligno Gnga. Aínda que, iso si, descubriu o camiño dos cíclopes. Por máis incrible que poida parecer...
4/05/2009
Unha Xornalista
O outro dia veu unha escritora chamada Isabel Freire Barraza que publicou os libros Sopa de Marsopa , e os 3 de Glub o Incrible Peixe Bala.


3/30/2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)